sábado, marzo 21, 2009

A Primavera chegou antes de tempo como de costume nos últimos anos, outro ano que non cheirarei a fruta da casa, pois o frio vento e saraiba esta garantida nas vindeiras semans.
Ornitoloxicamente mais brancas, unha glaucoides adulta en Silleiro o día 18 de febreiro, outra adulta onte 20 de marzo en San adrian de Cobres e unha hyperborea de 2º verán tamén perto da ponte de Rande que segundo me pareceu e Jose Ramón opina o mesmo podería ser a vista en xaneiro en Oia e Nigrán que leva tempo as voltas na parte interior da ría de Vigo.
Pouco mais, xa que teño sido moi pouco a ver paxaros, o millor foi un Abetouro Botaurus stellaris no esteiro do Miño, na saida do Tamuxe.
A primeira anduriña Hirundo rustica no niño do val vina o 5 de marzo en Mañufe, Gondomar se ven xa o 1 de xaneiro Iñigo Hernandez viu unha parella voando na Ladeira e o mesmo día eu vin duas Anduriñas de cú branco Delichon urbica en Arealuora



penosa foto da adulta de Larus glaucoides de S. Adrián feita co movil e prismaticos.

No hay comentarios.: