Primavera a tope no xardín, como tiven k quedar na casa todo o día, estiben mirando as especes que andan a criar a menos de 50 metros da casa, saiu una lista ben xeitosa, poñovos algunhas fotos no todas de hoxe...
 

 Os ferreiriños Parus caeruleus está a criar no xardín por quinto ano consecutivo

 Xa chearon as anduriñas dauricas Hirundo daurica, hoxe varias a voar por riba da casa

 As carrizas Troglodites troglodites a tope no xardín

 O macho de chasca Saxicola torquata do mais engalanado

 O humilde  azulenta Prunella modularis sempre agochada, non gosta dos aspaventos doutros veciños

 Pequenos bandos de bicos de coral Estrilda astrild mesmo na porta da casa

 Unha carriza dos xuncos Cisticola juncidis esta a construir o niño no campo do lado da casa

 Este ano o Rabirrubio Phoenicurus ochuros trocou a nosa casa pola do veciño para criar....sorte

 O verderon Carduelis chloris canta a miudo no xardín.

 Escoitase o martilleante canto do pinpin Fringilla coelebs perto da casa toda a mañán

 Sen dubida e o rei do xardín o cardeal Pyrrhula pyrrhula

 Este non hai forma de que cale nin un minuto Serinus serinus

 Fermoso canto o da papuxa das amoras Sylvia atricapilla

 O estorniño negro Sturnus unicolor hai xa moitos anos que cría vaixo as tellas do veciño

O preferido do xardín e o case amigo "pisquiño" Erithacus rubecula

 As anduriñas Hirundo rustica non paran nin un minuto de carrexar barro para os niños

 Ferreiriño real Parus major que sabe da comida facíl do comedeiro
 
No hay comentarios.:
Publicar un comentario