Onte a primeira cegoña da nova tempada en Verin, moi perto do niño e probablemente a mesma desta foto de dende hai uns anos que cría no niño xunto a ponte de Biobra, xa que tiña a anela metalica na mesma pata e posición que esta.![]()
jueves, noviembre 26, 2009
Publicado por
alcaravan
en
10:57 PM
0
comentarios
domingo, noviembre 15, 2009
Un día de choiva

Aspecto de cabo Silleiro o medio día, paradisiaco....para ollar aves pero nin rastro delas
A depuradora avanza a paso lixeiro, a ver se trae algo de "vidilla" o cabo

Publicado por
alcaravan
en
6:16 PM
0
comentarios
sábado, octubre 17, 2009
Fai un mes mais ou menos vin este coello negro no alto do Suido, tiña un tamaño normal para un cello de monte e ademais estaba con outros "normais", non parece un lugar no que poidan escapar dunha granxa, alguén sabe se é normal o melanismo nos coellos de monte??, ou se pode ser devido as soltas con coellos xa dexenerados xeneticamente??
Por outra banda poñovos aquí a constatación da cría un ano mais na ría de Vigo dos cisnes vulgares Cygnus olor, a foto xa ten un tempo, pero atopeina hoxe rebuscando outras ;-)
Publicado por
alcaravan
en
7:46 PM
2
comentarios
Liorteiro (foto de Adolfo Lomeña)
Garzota grande fotografiada por Adolfo na marisma da Ramallosa, penso que é o único documento grafico da especie no Val
Publicado por
alcaravan
en
6:45 PM
1 comentarios
lunes, octubre 05, 2009
Pillara dourada
Publicado por
alcaravan
en
12:08 AM
0
comentarios
lunes, agosto 24, 2009
saida en barco
Este sabado dia 22 saimos en barco a mirar aves mariñas. O certo é que o tempo era moi malo para a observacións de mariñas, cunha nortada de campeonato. Ainda así poidemos ollar un adulto de merdeiro rabilongo Stercorarius longicaudus y duas gaivotas de Sabine Larus sabini como mais destacable, aparte disto pouco mais...unha ducia de pardelas cincentas Calonectris diomedea, un furabuchos atlantico Puffinus puffinus, 6 furabuchos baleares Puffinus mauretanicus, 2 merdeiros parasitos Stercorarius parasiticus e un par de carráns Sterna sp.
Nesta ocasión fomos Alberto Gil (patrón maior), Jose Gandara, Quique Carballal e un servidor
Publicado por
alcaravan
en
6:51 PM
2
comentarios
domingo, julio 19, 2009
Nova especie para o Val

Publicado por
alcaravan
en
2:22 PM
0
comentarios
domingo, julio 05, 2009
Cria de pillara papuda no Val
Macho (arriba) e femia de pillaras papudas en Arealoura e Ladeira de este inverno

Emberiza cirlus en Gondomar
Publicado por
alcaravan
en
11:24 PM
0
comentarios
miércoles, junio 17, 2009
Especie nova para o Val Miñor

Seguindo coa pequena invasión dos trigueiróns Miliaria calandrana na Galiza e despois de buscalos en diferentes locais adecuados do Val coma Prado, Varedo ou Couso, conseguín atopar dous machos cantores o carón da casa, en Mañufe, Gondomar. É a primeira cita desta especie no Val Miñor e con moitas probabilidades de que esté a criar, seguirei atentamente a evolución destes dous machos cantores
Publicado por
alcaravan
en
12:15 AM
3
comentarios
jueves, abril 02, 2009
Onte pasei por Verín e puiden parar unha horiña pola "raia", con ledicia comprobei que xa andan pola zona as papuxas carrasqueñas Sylvia cantillans con varios machos a pleno pulmón, alomenos dous cucos reais Clamator glandarius, un par de miñatos queimados Milvus migrans así como as primeiras bubelas, cucos, aguia cobreira.....pena de autoestrada que vai destrozar a zona e darlle a "puntilla" medioambiental....que paissssss
Publicado por
alcaravan
en
11:28 PM
0
comentarios
domingo, marzo 29, 2009
Xa chearon as anduriñas dauricas Hirundo daurica, hoxe varias a voar por riba da casa
Unha carriza dos xuncos Cisticola juncidis esta a construir o niño no campo do lado da casa
Publicado por
alcaravan
en
10:20 PM
0
comentarios
sábado, marzo 21, 2009
penosa foto da adulta de Larus glaucoides de S. Adrián feita co movil e prismaticos.
Publicado por
alcaravan
en
1:56 PM
0
comentarios
domingo, febrero 15, 2009

Duas fotos preciosas (Adolfo Lomeña) do adulto de hiperborea descuberta por el mesmo na praia de Patos.
foto da hiperborea de Nigrán, feita ca cutre tecnica do "movilscoping" no Porto de PanxónO número de tritactilas algúns días foi de varios centos entre a costa de Baiona e Silleiro, un expectaculo, xunto algunha gaivota pequena Larus minutus, moi rara por estes lares.
Hoxe ainda quedaba unha tridactila na praia de arealoura, se ven actualmente e mais doado atopalas como esta de arriba, aveirada tras tantos dias de temporal, só na praia de Patos apareceron mais dunha ducia e en total nas praias do val o numero de aves mortas rondou os 50 exemplares.
Imaxes como estas ( de Tito Salvadores ) teñen un gran valor documental xa que ver tridactilas no interior da marisma e algo moi inusual.
Esta preciosa cepa de nepa anatifera chegou a praia tamén arrastrada polo temporal, estes percebes non se comen pero a cambio son ben fermosos.
E aquí temos a xoia da corona, este impresionante exemplar de Larus glaucoides kumlienii e a primeira cita da Peninsula Iberica, case nada...descuberta na Ladeira por J.A. Gandara e M. Alonso, fotos de Gandara. o bicho parece que tiña presa e 5 minutos mais tarde cando chegei pra miralo...mirei pero non o vin :-( e o que hai. Que este bicho chegara dende Alaska e case incrible, dende aquí os meus parabens a Gandara e Manolo por esta expectacular observación.As fotos de Adolfo Lomeña que chegou a ver 3 aves, dous machos e 1 femia son sinxelamente unha delicia que non me canso de ver e voltar aver, noraboa os dous.
Publicado por
alcaravan
en
12:06 AM
2
comentarios
domingo, enero 25, 2009
No parque de Castrelos en Vigo temos xa criando as cotorras de Kramer Psittacula krameri, aquí podedes ver unhas fermosas fotos de Tito Salvadores que tenas controladas dende primeiros de ano, son 4 exemplares, dous deles esta parella que parece está a criar no oco desta árbore. sería a primeira confirmación 100% para Galiza, ademais parece o habitat ideal para que proliferen, unha invasora mais con consecuencias impredecibles.
Publicado por
alcaravan
en
10:11 PM
0
comentarios
fulmar boreal aveirado en Arealoura
gaivota tridactila adulta na costa de Baiona
Larus hyperboreus de segundo inverno no porto de Oia


ganso de Nilo presente no esteiro do Miño
Publicado por
alcaravan
en
8:44 PM
1 comentarios
sábado, enero 24, 2009
adulto de gaivota tridactila na praia de Arealoura.
Publicado por
alcaravan
en
9:06 PM
0
comentarios
martes, diciembre 23, 2008
Hoxe collín uns días ate fin de ano que espero poida adicar a ver paxaros, xa tocaba...
Onte no regato de Arealoura unha cana de 1º inverno, a Delaware e unha garzota, nn hai mais que levarse o ollo de momento, aver estes días que sae.....
A delaware despois dun refrescante baño pra quitar estes calores que nos toca sufrir estes días
Publicado por
alcaravan
en
10:35 PM
0
comentarios
domingo, noviembre 23, 2008
O certo e que non teño tempo para ver paxaros, pero cando saco un par de horiñas "todo sigue igual" estes días pasei por Arealoura onde continua a delaware, na marisma unha femia de pato rabudo e un macho de asubiador, pouco mais..
O mais destacable dos últimos días foi un bando de 163 corvos cereixeiros Corvus monedula en Xinzo de Limia, Ourense




Unha das nosas ZA1S
Publicado por
alcaravan
en
10:00 PM
0
comentarios
jueves, octubre 16, 2008
Ultimamente as saidas ornitoloxicas son mais ben escasas, ainda así as veces que vou dar unha volta atopome con que a cousa está morta ou moribunda cando menos. O mais destacado destes días e unha parella de Andurinha daurica Hirundo daurica que ainda anda as voltas nunha ponte da autoestrada a día de hoxe. Tamén un fonducho Tachybaptus ruficollis na ponte da Xunqueira e comentar que en setembro vira unha pica campestre na serra da Grova, que supón a primeira cita da especie no Val Miñor. En fin pouca cousa pero e que non hay nada mais que contar....
Publicado por
alcaravan
en
11:56 PM
0
comentarios
lunes, septiembre 22, 2008
Novas de setembro

Hoxe seguía a gaivota de delaware en Arealoura e na marisma outros tres cullereiros xuvenis a última hora, a ver se o outono ven algo mais animado.....
Publicado por
alcaravan
en
9:42 PM
0
comentarios
miércoles, agosto 27, 2008
Publicado por
alcaravan
en
11:20 PM
0
comentarios
viernes, agosto 01, 2008
Continua o veraneo da Delaware

Larus delawarensis que leva na zona dende febreiro deste ano
Publicado por
alcaravan
en
11:23 PM
0
comentarios
lunes, julio 14, 2008

Charaxes jasius, a meirande volvoreta de Galicia, sempre ligada os érvedos (foto Tito Salvadores)

Nesta foto apreciase o envés perfectamente, un dos mais fermosos. (foto Tito Salvadores)
Non é nada doado fotografar esta volvoreta que non para nin un segundo parada no ar, tratase dunha Macroglossum stellatarum, común en toda Galiza e moitas veces confundida cun "colibrí" 
A volta pasamos por Verín onde atopamos de novo os críalos, cerca de Feces. (foto Tito Salvadores)
Esta fermosa cobreira Circaetus gallicus estivo a piques que morrer a causa dun disparo dende unha casa cercana cando saiu voando, puxemolo en coñecemento do seprona, espero que non se lle ocorrera voltar pola zona.
Publicado por
alcaravan
en
11:02 PM
2
comentarios
sábado, junio 28, 2008
Publicado por
alcaravan
en
12:42 PM
0
comentarios
viernes, junio 27, 2008
Os polos das cegoñas están xa a "punto de caramelo"

Un moucho a pleno sol e trintaetantos graos, estes de Verín......

Xoven de Lagarteiro cincento con duas novas "amigas" moi xogetonas con el.

A ducia de lagarteiros cincentos no durmidoiro, tedes que creerme que son Elanus a foto pode ser de botes de cocacola certamente

Xoven de cuco real Clamator glandarius

Outro dos xoves de cuco real Clamator glandarius
Publicado por
alcaravan
en
12:46 AM
3
comentarios
Publicado por
alcaravan
en
12:43 AM
0
comentarios
jueves, junio 05, 2008

Publicado por
alcaravan
en
11:41 PM
0
comentarios
sábado, mayo 31, 2008
Nesa primavera e nesta zona do Val do Tamega atopei as miñas primeiras observacións para Galiza de moitas aves; picanzo cabecirrubio Lanius senator, picafollas de Bonelli Phylloscopus bonelli, rabirrubio de testa branca Phoenicurus phoenicurus, escribenta hortelá Emberiza hortulana, ou voitre negro Aegypius monachus entre outras.
Esta semana estiven como nos últimos anos un par de días pola zona traballando e cando tiña un par de horas paxareando, o pouco tempo de andar pola zona atopeime cunha parella de lagarteiro cincento Elanus caeruleus cun xuvenil.

Adulto a procura das abundantisimas trilladeiras Microurus sp.
O día seguinte coma un cravo a primeira hora da mañá aparecín pola zona pero a sorpresa e que non eran dous xuvenís senón TRES e os dous adultos separados. Un dos xuvenís case non voaba e de feito foi o chan nunha pasada baixa o favor do vento, non collía as presas no aire como os seus irmáns e o pai/nai tiña que deixarllo no chan para que este o collera e a duras penas o levase o alto dunha arbore para comelo. O feito de que o día anterior non estivese cos pais a última hora da tarde e mais a sua torpeza fan que sexa seguro que aínda estaba no niño o día antes e parece claro que esta parella criou na Galiza polo que se podería dar como a primeira cita de cría confirmada con éxito despois do intento do ano pasado na Limia (como comenta Epi no seu blog) onde chegaron a por ovos pero abandonaron a posta.

continúas camiñando e a un lado unha parella de picanzos rubios Lanius senator ollándome algo desconfiados pero sen facerme moito caso, mentres continuo escoito o canto dun macho de papuxa carrasqueira Sylvia cantillans escasa este ano na zona posiblemente a causa da abundante chuvia desta primavera que as especies mais pequenas ten que traelas afogadiñas as pobres.

O pouco un pequeno escándalo entre as pegas Pica pica faime dirixir a mirada a un cuco real Clamator glandarius adulto que cruzaba voando a zona por diante de min para pousar bastante lonxe de alí e perto dun cuco cuculus canorus ollando por primeira vez as duas especies xuntas.

cuco real adulto
Unha das abundantes perdices sempre perto dos camiños de terra
Trigueirón a tope de revolucións
Durante o paseo sobrevoan varias rapiñas, é incrible a cantidade de especies que se poden ver nun percorrido de 2 km en tan só duas horas; aguia calzada Hieraaetus pennatus, miñato abelleiro Pernis apivorus, Millafre negro Milvus migrans, aguia cobreira Circaetus gallicus, gatafornela Circus cyaenus, tartaraña cincenta Circus pygargus, gavian Accipiter nisus, miñato Buteo buteo, tartaraña das xunqueiras Circus aeroginosus (femia), lagarteiro Falco tinnunculus, e un falcón pequeno Falco subbuteo case nada que digamos, faltou o patirrubio pra montar a festa completa.
Aguia cobreira
Unha preciosa fase escura de miñato abelleiro

Tartaraña cincenta
Despois do paseiño do mais ameno, achegeime a ladeira das escribentas hortelas Emberiza hortulana, onde atopei 7 machos defendendo territorio e para rematar ben a xornada un peto formigueiro Jynx torquilla e unha femia de merlo rubio Monticola saxatilis nos postes da luz mentres se escoitaban os abondosos ouriolos Orious oriolus. A volta a noitiña un par de mouchos Athene noctua nun lugar onde soen andar nos últimos anos.

Un par de fotos de escribenta hortelá
Antes de marchar desde paraiso das aves mediterraneas achegueime a zona dos petos pequenos Dendrocopos minor por ver se continuaban na zona, non fixo falta nin baixar do coche alí estaban tamborileando e gritando como se os fosen acuchillar nese preciso momento.
peto pequeno
En fin...non sei se queda claro que me gusta con locura este lugar??
Publicado por
alcaravan
en
6:47 PM
4
comentarios
Este martes pola tardiña entre chubasco e chubasco parei 15 minutiños no alto de Fontefría ( A Caniza) a procura dos cruzabicos Loxia curvirostra e tentar comprobar se este ano continuaban a criar no local. Os dous minutos de parar xa escoitei as primeiras aves, en total cheguei a ver 3 machos separados e unha femia, como só estiven 15 minutos non cheguei a comprobar a cría pero sabendo que continuan na zona voltarei a pasar este mes de xuño para tentar confirmala un ano mais.
femia de cruzabico
Hoxe venres 29 de maio continua a gaivota de Delaware no regato de Arealoura, ten pinta de pasalo verán conmigo na praia
Publicado por
alcaravan
en
12:32 AM
0
comentarios
viernes, mayo 23, 2008


Mazarico negro Plegadis falcinellus no niño

Flamingos, cullereiros e pernalongas os centos en calquera charquiña

Adulto de cullereiro en plumaxe nupcial

Un pequeno collage de cirrios pequenos nunha pequena colonia de cria en Cadiz
Publicado por
alcaravan
en
11:41 PM
3
comentarios
jueves, mayo 01, 2008
Para mostra unhas fotos de hoxe entre que pasamos o cortacespede e trasplantamos unhas plantiñas.
Macho de cardeal Phyrrula pyrrhula que se deixa ver case todolos días polo xardín

Un par de fotiños dos ferreiriños que continuan a sacar os pitiños carrexando vermes todo o día.Na foto superior podese ver o niño artificial no que están a criar por cuarto ano consecutivo.....os mesmos????
Publicado por
alcaravan
en
9:48 PM
0
comentarios
miércoles, abril 23, 2008
Penosa foto feita co movil a nova delaware de Arealoura
Pernalonga
Publicado por
alcaravan
en
12:49 AM
1 comentarios
lunes, abril 21, 2008
Publicado por
alcaravan
en
10:50 PM
0
comentarios
domingo, abril 20, 2008
Imaxes da desfeita

Se facedes "clic" nas imaxes podedes velas ampliadas.
Publicado por
alcaravan
en
11:02 PM
3
comentarios
Onte voltei polo poligono de Nigrán por se tiña sorte co abellaruco...vai ser que non. Vin os primeiros cirrios e as primeiras rolas do ano.

Primeirass rolas que estarán alucinadas o ver en que se convertiu o seu bosque de ribeira
Publicado por
alcaravan
en
9:16 PM
1 comentarios























