Hai 15 dias na marisma da Ramallosa un ganso de cara negra Branta bernicla da subespecie hrota, segunda observación desta especie no val e primeira desta subespecie. O dia 2 de marzo primeiras anduriñas Hirundo rustica e Ptyonoprogne rupestris no Val
Sen dubida o mais destacado de estes dias foi a observación de dous lobos Canis lupus na Franqueira (A Caniza) xunto unha becada Scolopax rustica no mesmo local a noitiña.
o día 1 de marzo achegeime a Pena Trevinca onde puiden ollar un treparriscos Tichodroma muraria probablemente un macho, vino a prazer uns minutos a escasos metros, e a miña primeira observación desta especie e unha das pouquisimas na Galiza, poño unha fotiño roubada da internet xa que non levaba camara



2 comentarios:
Interesante post. Só comentar que as Lacerta monticola (agora Iberolacerta monticola) de Trevinca están separadas desta especie e agora pertencen a Iberolacerta galani.
Unha aperta,
Martiño
Grazas Martiño unha aperta
Publicar un comentario