domingo, febrero 15, 2009

Parece que xa volveu a calma despois das tempestades...sae o sol un día e parece que non pasou nada, primavera a tope.

O mais destacable do temporal en números foi a arribada de gaivotas tridactilas Rissa tridactyla e gaivotas polares e hyperboreas Larus glaucoides e Larus hyperboreus, con certeza a maior arribada da que se ten constancia destas duas especies.


Os poucos días de ver a hiperborea de Oia, apareceu outra en Baiona que e probable fose a mesma, e poucos días despois Adolfo Lomeña descubriu un adulto na praia de Patos o que supón a 1ª cita de hiperboea adulta para o Val Miñor.


Duas fotos preciosas (Adolfo Lomeña) do adulto de hiperborea descuberta por el mesmo na praia de Patos. foto da hiperborea de Nigrán, feita ca cutre tecnica do "movilscoping" no Porto de Panxón
O número de tritactilas algúns días foi de varios centos entre a costa de Baiona e Silleiro, un expectaculo, xunto algunha gaivota pequena Larus minutus, moi rara por estes lares.
Hoxe ainda quedaba unha tridactila na praia de arealoura, se ven actualmente e mais doado atopalas como esta de arriba, aveirada tras tantos dias de temporal, só na praia de Patos apareceron mais dunha ducia e en total nas praias do val o numero de aves mortas rondou os 50 exemplares.


Imaxes como estas ( de Tito Salvadores ) teñen un gran valor documental xa que ver tridactilas no interior da marisma e algo moi inusual.

Esta preciosa cepa de nepa anatifera chegou a praia tamén arrastrada polo temporal, estes percebes non se comen pero a cambio son ben fermosos.


E aquí temos a xoia da corona, este impresionante exemplar de Larus glaucoides kumlienii e a primeira cita da Peninsula Iberica, case nada...descuberta na Ladeira por J.A. Gandara e M. Alonso, fotos de Gandara. o bicho parece que tiña presa e 5 minutos mais tarde cando chegei pra miralo...mirei pero non o vin :-( e o que hai. Que este bicho chegara dende Alaska e case incrible, dende aquí os meus parabens a Gandara e Manolo por esta expectacular observación.
E para rematar Gandara que anda en racha descubre unha parella de escrebentas pequenas Emberiza pusilla no esteiro do Miño, as poucas citas que hai na peninsula son case sempre referidas a bichos trampeados en redes xaponesas para o seu anelamento, polo que esta observación da que si puiden disfrutar o día seguinte ten dobre valor, una bonita e rara especie neste inverno que nos ten deparado tanto disfrute..será a última nova explosiva?




As fotos de Adolfo Lomeña que chegou a ver 3 aves, dous machos e 1 femia son sinxelamente unha delicia que non me canso de ver e voltar aver, noraboa os dous.

3 comentarios:

ricardo hevia dijo...

Buenas César

La cita de kumlieni que mencionas no es la primera para la península ya que Asier Aldalur observó un ej. el pasado marzo de 2008 en el puerto de getaria del que hay buenas fotos.

Un saludo

Ricardo

José Miguel Alonso Pumar. dijo...

Hola a ambos,

Y si no me falla la memoria hay una cita previa en la ría do Burgo de hace unos años.

De cualquier modo, es impresionante. De los pusilla ya ni hablo...

Anónimo dijo...

All pizza places of USA http://pizza-us.com/indiana/Evansville/Franklin%20Lanes%20Cocktail%20Lounge/47712/

Find your best pizza.