sábado, mayo 31, 2008


Hai xa uns anos descubrín por casualidade a zona do Val do Tamega, digo "descubrín" para min , evidentemente, xa que estaba descuberta dende había algúns anos :-) mesmo ornitoloxicamente xa era coñecida por uns poucos. Esta zona e unha especie de illa no noso pais, as veces costa crer que sexa parte da Galiza. Hai anos era unha odisea ir ver paxaros alí, estradas con tráfico interminable que cando chegabas pasabas o resto do día pensando na infernal volta, despois chegou a autoestrada, apesare do cal continuou a indiferenza pola zona xa que trinta quilómetros antes estaba A Limia, a expléndida Limia con tanto por descubrir para nos, Limia que cada vez esta mais enferma e destrozada (daría un brazo por poder paxarear unhas xornadas na lagoa de Antela no seu esplendor fai non tantos anos ben pensado). O caso e que un inverno de fai uns 10 anos cunha pequena invasión de Pimpíns do norte Fringilla montifringilla pensei que se na Limia se vían naquel momento mais dun cento de aves en Verín tiña por forza que ser mais numeroso. O certo e que non foi así en Verín so localicei uns cantos pimpíns do norte, pouca cousa, pero nesa mesma tarde xa apreciei unha cantidade de frinxilidos nos campos fora do normal, ademais dun bando duns 30-40 escribentas amarelas Emberiza citrinella, foi o primeiro contacto ornitolóxico coa zona, a seguinte primavera tiven que visitala de novo por causa do meu traballo, esa primavera foi algo extraordinario, atopei algunhas zonas de non moita extensión e de aparencia desértica e algo desolada zonas de viñedos con moi pouca vexetación e moi degradadas pero cunha riqueza avifaunística fora do común.Nesa primavera e nesta zona do Val do Tamega atopei as miñas primeiras observacións para Galiza de moitas aves; picanzo cabecirrubio Lanius senator, picafollas de Bonelli Phylloscopus bonelli, rabirrubio de testa branca Phoenicurus phoenicurus, escribenta hortelá Emberiza hortulana, ou voitre negro Aegypius monachus entre outras. Esta semana estiven como nos últimos anos un par de días pola zona traballando e cando tiña un par de horas paxareando, o pouco tempo de andar pola zona atopeime cunha parella de lagarteiro cincento Elanus caeruleus cun xuvenil.


Un dos xuvenis de lagarteiro cincento


Supuxen que era o mesmo que vira Damian and company semanas antes e chameino, efectivamente eran os "seus" lagarteiros cincentos co seu xuvenil, fixen un par de vídeos e unhas fotiños e seguín co paseo, o caso e que xa de volta a noitiña atopeime de novo cos lagarteiros cincentos, pero "sorpresa" eran catro aves e duas parecían claramente xuvenis a pesares da pouca luz "mañán teremos que vir de novo comprovalo" pensei.



Adulto a procura das abundantisimas trilladeiras Microurus sp.



O día seguinte coma un cravo a primeira hora da mañá aparecín pola zona pero a sorpresa e que non eran dous xuvenís senón TRES e os dous adultos separados. Un dos xuvenís case non voaba e de feito foi o chan nunha pasada baixa o favor do vento, non collía as presas no aire como os seus irmáns e o pai/nai tiña que deixarllo no chan para que este o collera e a duras penas o levase o alto dunha arbore para comelo. O feito de que o día anterior non estivese cos pais a última hora da tarde e mais a sua torpeza fan que sexa seguro que aínda estaba no niño o día antes e parece claro que esta parella criou na Galiza polo que se podería dar como a primeira cita de cría confirmada con éxito despois do intento do ano pasado na Limia (como comenta Epi no seu blog) onde chegaron a por ovos pero abandonaron a posta.


Os tres xuvenis xuntos.


Poñovos un pequeno vídeo dun dos xuvenís papando unha trilladeira, a abundancia esta primavera fai que non pasaran mais de vinte minutos entre presa e presa, era un ir e vir constante dos pais.



Aínda que é unha nova importante, sen dúbida, gustaríame dicir que o paseo polo Val foi tan frutífero que non me resisto a por algunhas fotos e comentarios do que pode dar como resultado un simple paseo a pé por algún dos camiños desta terra.

Despois de ollar todo o que tiña que ollar dos lagarteiros cincentos fun dar un paseo por unha desas ladeiras "degradadas" con pouco mais que erva e algúns arbustos mediterráneos pero que so saír do coche deléitante cos sons dun pequeno bando de abellarucos Merops apiaster.


continúas camiñando e a un lado unha parella de picanzos rubios Lanius senator ollándome algo desconfiados pero sen facerme moito caso, mentres continuo escoito o canto dun macho de papuxa carrasqueira Sylvia cantillans escasa este ano na zona posiblemente a causa da abundante chuvia desta primavera que as especies mais pequenas ten que traelas afogadiñas as pobres.


O pouco un pequeno escándalo entre as pegas Pica pica faime dirixir a mirada a un cuco real Clamator glandarius adulto que cruzaba voando a zona por diante de min para pousar bastante lonxe de alí e perto dun cuco cuculus canorus ollando por primeira vez as duas especies xuntas.


cuco real adulto


Un pardal das rochas Petronia petronia nun muro, unha perdiz Alectoris rufa no camiño mentres escoitas varios paspallás Coturnix coturnix o lonxe, as poupas Upupa epops van e veñen voando con ceba no peteiro, unha cotovia cristada Galerida cristata atravesa a pista correndo, cando de repente un rousinol Luscinia megarhynchos sae da espesura para porse a cantar diante miña con descaro e competindo pulmón a pulmón cun dos abundantísimos trigueiróns Miliaria calandra que aguanta sen inmutarse a menos de 3 metros de min o pasar .....Verín en estado puro.

Unha das abundantes perdices sempre perto dos camiños de terra

Trigueirón a tope de revolucións

Durante o paseo sobrevoan varias rapiñas, é incrible a cantidade de especies que se poden ver nun percorrido de 2 km en tan só duas horas; aguia calzada Hieraaetus pennatus, miñato abelleiro Pernis apivorus, Millafre negro Milvus migrans, aguia cobreira Circaetus gallicus, gatafornela Circus cyaenus, tartaraña cincenta Circus pygargus, gavian Accipiter nisus, miñato Buteo buteo, tartaraña das xunqueiras Circus aeroginosus (femia), lagarteiro Falco tinnunculus, e un falcón pequeno Falco subbuteo case nada que digamos, faltou o patirrubio pra montar a festa completa.


Aguia cobreira


Unha preciosa fase escura de miñato abelleiro


Tartaraña cincenta


Despois do paseiño do mais ameno, achegeime a ladeira das escribentas hortelas Emberiza hortulana, onde atopei 7 machos defendendo territorio e para rematar ben a xornada un peto formigueiro Jynx torquilla e unha femia de merlo rubio Monticola saxatilis nos postes da luz mentres se escoitaban os abondosos ouriolos Orious oriolus. A volta a noitiña un par de mouchos Athene noctua nun lugar onde soen andar nos últimos anos.

Un par de fotos de escribenta hortelá

Antes de marchar desde paraiso das aves mediterraneas achegueime a zona dos petos pequenos Dendrocopos minor por ver se continuaban na zona, non fixo falta nin baixar do coche alí estaban tamborileando e gritando como se os fosen acuchillar nese preciso momento.


peto pequeno


En fin...non sei se queda claro que me gusta con locura este lugar??

4 comentarios:

Pablo Gutierrez dijo...

Entretenidísimo relato y buenas observaciones Cesar, Felicidades¡.

Pablo

Anónimo dijo...

dan ganas de irse para allá.
gracias.
Juan Cabeza

José Miguel Alonso Pumar. dijo...

Claro como el agua...

alcaravan dijo...

veo que tengo algunos seguidores de lujo, un abrazo colegas, a ver si nos vemos en el campo que es como se disfruta bien