sábado, mayo 31, 2008


Este martes pola tardiña entre chubasco e chubasco parei 15 minutiños no alto de Fontefría ( A Caniza) a procura dos cruzabicos Loxia curvirostra e tentar comprobar se este ano continuaban a criar no local. Os dous minutos de parar xa escoitei as primeiras aves, en total cheguei a ver 3 machos separados e unha femia, como só estiven 15 minutos non cheguei a comprobar a cría pero sabendo que continuan na zona voltarei a pasar este mes de xuño para tentar confirmala un ano mais.

femia de cruzabico

Hoxe venres 29 de maio continua a gaivota de Delaware no regato de Arealoura, ten pinta de pasalo verán conmigo na praia

No hay comentarios.: