Nesa primavera e nesta zona do Val do Tamega atopei as miñas primeiras observacións para Galiza de moitas aves; picanzo cabecirrubio Lanius senator, picafollas de Bonelli Phylloscopus bonelli, rabirrubio de testa branca Phoenicurus phoenicurus, escribenta hortelá Emberiza hortulana, ou voitre negro Aegypius monachus entre outras.
Esta semana estiven como nos últimos anos un par de días pola zona traballando e cando tiña un par de horas paxareando, o pouco tempo de andar pola zona atopeime cunha parella de lagarteiro cincento Elanus caeruleus cun xuvenil.

Adulto a procura das abundantisimas trilladeiras Microurus sp.
O día seguinte coma un cravo a primeira hora da mañá aparecín pola zona pero a sorpresa e que non eran dous xuvenís senón TRES e os dous adultos separados. Un dos xuvenís case non voaba e de feito foi o chan nunha pasada baixa o favor do vento, non collía as presas no aire como os seus irmáns e o pai/nai tiña que deixarllo no chan para que este o collera e a duras penas o levase o alto dunha arbore para comelo. O feito de que o día anterior non estivese cos pais a última hora da tarde e mais a sua torpeza fan que sexa seguro que aínda estaba no niño o día antes e parece claro que esta parella criou na Galiza polo que se podería dar como a primeira cita de cría confirmada con éxito despois do intento do ano pasado na Limia (como comenta Epi no seu blog) onde chegaron a por ovos pero abandonaron a posta.

continúas camiñando e a un lado unha parella de picanzos rubios Lanius senator ollándome algo desconfiados pero sen facerme moito caso, mentres continuo escoito o canto dun macho de papuxa carrasqueira Sylvia cantillans escasa este ano na zona posiblemente a causa da abundante chuvia desta primavera que as especies mais pequenas ten que traelas afogadiñas as pobres.

O pouco un pequeno escándalo entre as pegas Pica pica faime dirixir a mirada a un cuco real Clamator glandarius adulto que cruzaba voando a zona por diante de min para pousar bastante lonxe de alí e perto dun cuco cuculus canorus ollando por primeira vez as duas especies xuntas.

cuco real adulto
Unha das abundantes perdices sempre perto dos camiños de terra
Trigueirón a tope de revolucións
Durante o paseo sobrevoan varias rapiñas, é incrible a cantidade de especies que se poden ver nun percorrido de 2 km en tan só duas horas; aguia calzada Hieraaetus pennatus, miñato abelleiro Pernis apivorus, Millafre negro Milvus migrans, aguia cobreira Circaetus gallicus, gatafornela Circus cyaenus, tartaraña cincenta Circus pygargus, gavian Accipiter nisus, miñato Buteo buteo, tartaraña das xunqueiras Circus aeroginosus (femia), lagarteiro Falco tinnunculus, e un falcón pequeno Falco subbuteo case nada que digamos, faltou o patirrubio pra montar a festa completa.
Aguia cobreira
Unha preciosa fase escura de miñato abelleiro

Tartaraña cincenta
Despois do paseiño do mais ameno, achegeime a ladeira das escribentas hortelas Emberiza hortulana, onde atopei 7 machos defendendo territorio e para rematar ben a xornada un peto formigueiro Jynx torquilla e unha femia de merlo rubio Monticola saxatilis nos postes da luz mentres se escoitaban os abondosos ouriolos Orious oriolus. A volta a noitiña un par de mouchos Athene noctua nun lugar onde soen andar nos últimos anos.

Un par de fotos de escribenta hortelá
Antes de marchar desde paraiso das aves mediterraneas achegueime a zona dos petos pequenos Dendrocopos minor por ver se continuaban na zona, non fixo falta nin baixar do coche alí estaban tamborileando e gritando como se os fosen acuchillar nese preciso momento.
peto pequeno
En fin...non sei se queda claro que me gusta con locura este lugar??
4 comentarios:
Entretenidísimo relato y buenas observaciones Cesar, Felicidades¡.
Pablo
dan ganas de irse para allá.
gracias.
Juan Cabeza
Claro como el agua...
veo que tengo algunos seguidores de lujo, un abrazo colegas, a ver si nos vemos en el campo que es como se disfruta bien
Publicar un comentario