domingo, diciembre 30, 2007

Cathartes aura

Onte o meu pai, Emilio, avisoume da presenza dun abutre comendo unha gaivota morta na praia Ribeira de Baiona, comentoume que lle parecía o mesmo que xa vira no porto de A Guarda vai un mes, mais ou menos. Hoxe o mediodía chameino por saber se ainda andaba pola zona e díxome que o vira pola mañán no porto deportivo, despois de comer acerqueime, e alá estaba nunha das torretas da muralla do Monte do Boi, como xa supuña tratabase dun adulto de (Turkey vulture) Cathartes aura dos que o parecer fuxiron tres exemplares este verán dun núcleo zoolóxico de Barro e andan as voltas pola costa galega e portuguesa. O interese ornitolóxico desta cita e case nulo pero non deixa de ser expectacular ver este voitre sudamericano voando (cos seus 175 cm de envergadura) por diante do paseo maritino producindo unha espantada total das gaivotas da zona. Xa andaba alá unha patrulla do seprona que quería collelo pra levalo a un centro de recuperación?? van ter traballo arreo como pensen que vai esperar a que lle metan man. E doado que continue estes días pola zona pero é tamén fácil que cos fogos de fin de ano colla rumbo pra Aviles. En fin, a falta de pan voas son tortas

No hay comentarios.: