sábado, diciembre 29, 2007



Non lembro un inverno tan pobre de novidades no Val, despois dunha semana visitando case a diario a marisma e as praias o unico que se pode por no blog e que os negróns Melanitta nigra pasaron de 4 a 11 e que continua a conicora Vanellus vanellus (foto) na marisma. No que se refire a paseriformes invernantes só uns poucos tordos rubios Turdus iliacus e algúns bandiños de xilgaros Carduelis carduelis. Hoxe en vista desta fartura ornitolóxica fun dar uns largos na Ladeira pero non paxariles, algo ten que ter de bo un inverno sen temporais.

No hay comentarios.: