martes, enero 01, 2008

Comezamos o ano dando unha voltiña pola lagoa de Budiño, en Porriño, non sei como se pode ter este fermoso lugar así, medía ducia de patos reais Anas platyrhynchos e 2 ou 3 charnecos Anas crecca nin mais nin menos, en medía hora non vimos outro animal vivo aparte dun picafollas común Phylloscopus collybita. Os que lembramos este lugar hai 15 anos revolvensenos as tripas, só como referencia, na primeira visita a este lugar alá polo inverno do 90/91 os hoxe inesistentes culleretes Anas clypeata pasaban de 100, os fonduchos Tachybaptus ruficollis eran 5 ou 6, abondosas galiñolas negras, patos chupóns, garzas, becacinas, conicoras, escribentas das canaveiras, etc. Só espero que algún día a lagoa volte a ser o que era. En vista do éxito collemos rumbo o esteiro do Miño, como xa teño contado, estes últimos invernos a chegada de patos do norte a pasalo inverno diminuiu considerablemente, sen entrar nas causas, que non as sei, o certo e que o esteiro tamén parece un pouco triste, ainda así contamos un cento de patos reais Anas platyrhynchos, 21 patos frisados Anas strepera, 19 mazaricos Numenius arquata, 17 biluricos claros Tringa nebularia, 2 tartarañas das xunqueiras Circus aeroginosus e unha aguia peixeira Pandion haliaetus vista a pracer voando a poucos metros de nos.
O mellor atopeino nun campo de cultivo de Tomiño onde vin un mínimo de 3 pimpins do norte Fringilla montifringilla nun grupo de 100 pimpins comúns, verderolos, xilgaros e algunha escribenta común ademais dun par de perdices Alectoris rufa (con certeza soltadas pra caza)

macho de pimpin do norte Fringilla montifringilla

No hay comentarios.: