martes, octubre 23, 2007

Gaivotas canas en Arealoura

A cousa segue moi frouxa ainda que estes últimos días hay unha boa entrada de paseriformes que esperemos den algún froito. Hoxe na saida do regato Muiños na praia de Arealoura mais de un cento de gaivotas patiamarelas e escuras pero ningunha anelada, pero si que puiden leer duas gaivotas cabecinegras con anela unha verde 1LO ( a que vedes na foto), que xa vira Oscar Martinez o día 18 na praia de Madorra e unha de 1º inverno con anela vermella e codigo HNA9 que seica e da Hungría, (e incrible as distancias que percorren algunhas aves para pasa-lo inveno), xa vos direi algo cando conteste o anelador. Ademais duas gaivotas canas Larus canus de 1º inverno como mais destacable.
Unha das cabecinegras aneladas

Unha das gaivotas canas de 1º inverno que levan uns días xa na praia de Arealoura