Pois iso, como se dí na miña terra janapan ou sexa nada de nada o Calidris bairdii convertiuse por arte de maxia nun pilro pequeno Calidris minuta bastante raro pero calidris minuta o fin. Se ven o lusco fusco de onte non era a mellor hora para ver detalles o certo e que o peito desta ave dende un principio non encaixaba con C. bairdii pero unha observación mais detallada das fotos deixa ver varias características típicas de C. minuta e que nunca tería un C. bairdii, na segunda foto podedes ver claramente como o blanco da cella bifurcase en duas despois do ollo e unha delas colle dirección o píleo algo que non ten bairdii e si minuta, o peito tan palido, a escasa proxección das primarias respecto as terciarias tampouco encaixan con bairdi, a lonxitude da tibia e tamén demasiado para bairdi e a lonxitude e forma en xeral da ave e de minuta e non tan longa como nun bairdii. En fin que e un C. minuta cunha proxección de primarias sobre a cola extraordinaria, cun pico un pouco mais longo do normal e un diseño de cobertoras e escapulares moi raro con todas as plumas negras con borde crema que non e o típico de minuta. Minuta raro pero minuta, outra vez será. Dende aquí quero agradecer os comentarios de Cosme Damián que foi o unico que pensou que podía ser un minuta dende un primeiro momento.