martes, agosto 28, 2007

Folosa acuática no Val.

A migración segue aumentando pouco a pouco, xa se notan mais picafollas musicais Phylloscopus troquilus e voltei a ver un papamoscas cincento Muscicapa striata no xardín, o raro e que ainda non apareceron os Ficedula hypoleuca xa abondosos en anos anteriores por estas datas. Na marisma continua o liorteiro Philomachus pugnax co grupiño de pilros comúns Calidris alpina e os dous biluricos patirrubios Tringa totanus.
Dous corvos grandes Corvus corax en Monteferro e outros dous no alto de Pinzas onte mesmo, parece algo mais doado de ollar esta especie nos últimos anos no Val.

Hoxe o mais destacado foron duas folosas acuáticas Acrocephalus paludicola nos xuncos do regato Muiños na sua desembocadura da praia Arealoura, por primeira vez logrei facer unhas fotos decentes a este pequeno "rato alado", esta especie e moi rara en toda a Peninsula Iberica e ten na costa do sur de Galiza un bo conxunto de observacións no paso postnupcial o que fai deste lugar unha zona importante para a migración desta pequena ave enperigo de extinción e catalogada como "spec1" que e a máxima categoria de perigo para unha especie a nivel mundial.

Distintas fotos dunha das folosas acuáticas, na que se aprecia a banda central branca no píleo propia desta especie e o dorso fortemente raiado