jueves, agosto 23, 2007

Este verán está sendo ben raro no que se refire o tempo atmosferico e isto por forza ten que estar afectando as aves, con respecto as mariñas a cousa e incrible, non existe paso migratorio fronte silleiro, nin sequera uns "miseros" mascatos dos que tiñan que estar pasndo centos cada hora, e moi probable que as condicións de vento do norte moderado todos os días esté a facer que a migración se esté a realizar a mais distancia da costa do que é habitual, en fin que estamos aburridos coma ostras. o mais destacable nos úlimos días foi o primeiro papamoscas o día 16 deste mes, nese mesmo día 2 cirrios reais Apus melba a tardiña por riba do xardín xunto varios Apus apus e 2 Apus pallidus. Na marisma e cousa comenza a animarse, o día 18 tiñamos xa 35 Charadrius hiaticula e 2 Tringa totanus ademais do primeiro Calidris canutus. Hoxe na marisma 1 Philomachus pugnax xunto 1 xuvenil de Tringa totanus e unha ducia de Calidris alpina.
Parte dun bando de Estrilda astrild que supera os 50 exemplares e que chegan puntiais a durmir todas as noites fronte o portal da casa nun pequeno campo de millo.Adulto de Estrilda astrild, unha verdadeira invasión nos nosos campos dende o corazón de Africa, co ben que estarían alá.Como todolos anos son frecuentes os Tringa totanus en agosto e mesmo a principios de septembro para despois desaparecer da marisma como invernantes.Este Philomachus pugnax e a primeira rareza local deste paso, esperemos que só sexa un adianto das autenticas raridades.