domingo, agosto 05, 2007

Estes días de finais de xullo non están sendo tan fructiferos como quixera no que respecta as aves, o mais destacable foi unha aguia calzada Hieraaetus pennatus de fase clara perto do aeroporto de Peinador o xoves día 2 de agosto, ese mesmo día saimos en barco a 8 millas o oeste de Cies para ollar aves mariñas pero só ollamos unha nortada de campeonato, nada de paso de mariñas e só tres paiños que non se achegaron o suficiente para identificar con certeza se ben alomenos dous deles parecían paiños de wilson Oceanites oceanicus. O venres tentámolo ne novo e saimos esta vez a 3 millas o oeste de cabo Silleiro, ainda que o mar estaba moi bravo, puiden ollar xunto Ricard Gutierrez unha pardela capirotada Puffinus gravis e unha manada de golfiños comúns que se entretiveron con nos mais de 20 minutos,. todo un espectaculo. O mesmo venres pola tarde no esteiro do Miño un gaivotón adulto Larus marinus e o primeiro bilurico alinegro Tringa ochropus da tempada.