
Esta semana puiden ollar unha femia adulta de tartaraña das xunqueiras 
Circus aeroginosus xunto un xuvenil volantón no Esteiro do Miño. O xuvenil voava con dificultade e esta observación xunto outras anteriores de compañeiros que aves adultas levando presas para o interior do carrizal confirman un ano mais a reprodución desta especie en Galicia, no que poida sexa o único lugar de cría mais ou menos regular non últimos anos. 

Por outra banda, hoxe apareceu na marisma da Ramallosa o primeiro xuvenil de gaivota cabecinegra 
Larus melanocephalus da tempada, atopabase xunto dous adultos en plumaxe de verán mixturadas nun grupo de gaivotas choronas 
Larus ridibundus. A foto e moi mala pero estaba a moita distancia e esta feita con "movil" movilscoping jeje. Na praia de Arealoura en Nigrán, un picapeixe 
Alcedo athis no regato e duas pillaras papudas 
Charadrius alexandrinus na praia.