lunes, julio 09, 2007

Cirrio pálido en Marín

Este cirrio que facía anos que se sospeitaba da sua presencia no noso pais está a aparecer agora con forza en diferentes poboacións costeiras, esta semana puiden ver unha parella tentando entrar nun burato dunha fiestra nun edificio do porto de Marín, sen tempo de dixerir a observación apareceron 9 cirrios pálidos Apus pallidus mais nun pequeno grupiño no que tamén había varios cirrios comúns Apus apus, nas próximas semanas tentarei confirmar a cria desta especie en Marín o que parece casi seguro xa.