lunes, julio 09, 2007

Fin de semana en Rubiá

Ainda que con algo de retraso poño no blog algunhas fotos da saida ornitofesteira do fin de semana na serra da Enciña da Lastra. Nestes dous días poidemos comprobar como a parella de voitre branco Neophron pernopterus continua a cria, un adulto continuaba no niño mentres o outro permanecia pousado perdo a última hora da tarde, ademais observacións habituas na zona Petronia petronia, Sylvia borin, Sylvia cantillans, Phoenicurus phoenicurus, Apus melba, Phyrrocorax phyrrocorax....... Nesta zona ainda quedan soutos de importancia con árbores dun porte mais que respetable nos que son comúns os Ph. phoenicurus e non e raro ver os P. petronia criando neles.
O tempo non acompañou para nada, chovendonos pola noite e facendo que as volvoretas practicamente non se "cheiraran", ainda así puiden ollar esta Melitaea trivia que era especie nova para min.
O tempo, malo para as volvoretas, non era millor para os reptis, algunhas Psammodromus algirus e pouco mais Iso si, as cereixas estaban no seu punto de recolección para fermentar directamente nos nosos estomagos minutos despois, Rubiá nunca decepciona.