jueves, junio 28, 2007



Unha rápida parada na marisma da Ramallosa, foi suficiente para darme conta que estamos en pleno verán, ainda que o clima non sexa o propio, so destacar un grupo de gaivotas choronas Larus ridibundus 47 adultos e por fin apareceu o primeiro xuvenil do ano, (foto) un pouco tarde comparado con anos anteriores, no medio do grupo unha gaivota cabecinegra Larus melanocephalus adulta en plumaxe de verán dando un pouquiño de interese a observación.