lunes, septiembre 10, 2007

Con bastante retraso actualizo o blog, nestes últimos días no regato de Arealoura vin 1 folosa acuática Acrocephalus paludicola o día 1, un chasco norteño Saxicola rubetra o día 5, 2 folosas das canaveiras Acrocephalus scirpaceus o 6 e un papoazul Luscinia svecica hoxe día 10. Como o tempo segue anticiclónico ainda hoxe mirei a primeira limicola no regato en migración; un bilurico patirrubio Tringa totanus e 3 pilros gordos Calidris canutus no extremo este da praia.
Na marisma a migración comenza a ter entidade so nos últimos 3 días xa que o bo tempo fai que por exemplo ainda non vira ningún limicola na praia Ladeira. O mais destacable de onte eran 3 Pilros gordos Caliris cautus, 43 carráns patinegros Sterna sanvicensis, 46 gaivotas cabecinegras Larus melanocephalus, 40 mazaricos rubios Limosa lapponica 2 píldoras cincentas Pluvialis squatarola, 16 garzotas Egretta garzetta, 27 garzas reais Ardea cinerea, 47 pilros comúns Calidris alpina, 66 pildoras reais Charadrius hiaticula, 16 biluricos claros tringa nebularia e 3 biluricos patirrubios btringa totanus.
O sabado día 8 fixemos por fín unha saida no barco de Toupa, o Arneiron, 10 millas u oeste de Cies para ver aves mariñas. Foi unha boa xornada con bos números e algunhas rarezas.
Esta vez fomos de espedición; Tito Salvadores, Samuel Paz, José Gandara (autor das preciosas fotos), Adolfo Lomeña, Toupa (captain) e mais eu claro.
Destacar a observación de masi de 200 Larus sabini simultaneamente e no percorrido das 3 as 10 millas cerca das 300 aves, practicamente todas adultas e moitas em plumaxe de verán. O mais raro foi un adulto de palleira rabilonga Stercorarius longicaudus e un paiño de Wilson Oceanites oceanicus, pero tamén disfrutamos dun bo número de especies mariñas:

Stercorarius parasiticus 10
Stercorarius pomarinus 2
Stercorarius skua 4
Stercorarius longicaudus 1
Oceanites oceanicus 1
Hydrobates pelagicus 40/50
Sterna hirundo 4
Sterna sanvicensis 17
Larus sabini + 250
Larus minutus 1
Chlydonias niger 1
Limossa sp. 11
Puffinus mauretanicus 10
Puffinus puffinus 3
Puffinus griseus 6

grupo de gaivotas de Sabine Larus sabini adultas acosadas por unha palleira parasita Stercorarius parasiticus

pardela escura Puffinus griseus


palleira parasita stercorarius parasiticus


pardela cincenta Calonectris diomedea

paiño pequeno Hydrobates pelagicus

palleira pomarina Stercorarius pomarinus


Como non podían faltar as citas do Xardín da casa voltan a ser importantes, o día 28 de agosto 7 papamoscas negros Ficedula hypoleuca primeiros do paso que vexo e sen dúdalo o ano que mais tarde os vexo. O dia 1 un anduriña daurica Hirundo daurica e hoxe un primeiro inverno de Phoenicurus phoenicurus
Para rematar un par de fotos de onte na Ría de Vigo, na praia do Rato para trocar un pouco as asas por aletas.