viernes, diciembre 01, 2006

Novo paseo na praia Arealoura


O concello de Nigrán segue ca teima de gastar os cartos (os nosos cartos) en facer outro paseo de madeira na praia de Arealoura, Nigrán que o mar esnaquizará por cuarta ou quita vez, xa non me lembro. Estes paseos tan ecolóxicos, tan ben feitiños con toneladas de madeira tropical dalgunha selva, iso si unha selva o bastante lonxana para que non nos de a mais mínima lástima. Por outra banda, como podedes ver na foto o paseo e imprescindible xa que non existe unha aceira en quilómetros a redonda por onde poder pasear, hai miña nai..... Vamos falar de paxaros, pouco movemento nos últimos días, hoxe unha gaivota escura de primeiro inverno (ver foto anexa) Larus fuscus anelada na Gran Bretaña e pouco mais, con esta falta de frío as aves invernantes aínda non sentiron a necesidade de baixar de latitude a pesar de que as agardamos con impaciencia.

No hay comentarios.: