domingo, noviembre 26, 2006

Picas de Richard en Silleiro


Nova especie para o Val Miñor e xa van unhas poucas este ano. Despois de percorrer as praias do Val comenzando por Patos, Madorra e Arealoura sen nada que levarse os ollos, paramos en Monte Lourido para votar unha visual o mar. Unha femia de pentumeiro Melanitta nigra sen dúbida un dos anos mais frouxos de invernada desta especie na bahía alomenos de momento. Na marisma os números tamén eran moi baixos, poucos limícolas unhas ducias de patos reais Anas platyrhynchos un marcado con praca nasal branca (QL1) e continuaba o ganso de testa branca Anser albifrons que xa comenzou a mudar a cabeza e a frente xa está de cor branca, pena que se achege a comer da mán, xa que ademais de que sería unha boa cita de por si, este exemplar pertence a subespecie flavirostris que de tratarse dun exemplar salvaxe procedería de Groenlandia e sería unha das poucas observación para a Peninsula Iberica.....lastima.
Como o temporal no mar era considerable, collemos dirección cabo Silleiro. O mar era un autentico deserto nada de nada, o pouco de estar alí deixando os ollos no ocular para tentar ver algo, saiu dende o pequeno montículo que cobre o antigo vertedoiro, un paseriforme que por estructura recordaba unha "pica" pero o reclamo non era de pica dos prados Anthus pratensis que e moi común no cabo, voltou pousarse na erva perto de onde levantara. O cabo duns minutiños sairon esta vez duas aves e pasaron por riba de nos, grandes, moi pálidas por baixo, cola longa, xa non había dúbida poidemos ollalas bastante ven e oimolas reclamar con ese són tan característico da especie que recorda un pardal, eran duas picas de Richard Anthus richardi ( foto de arquivo, Corrubedo 2004). Unha nova especie para o Val Miñor, nesta ocasión chegado nada menos que dende a Siberia.

-
Como hoxe non fixen fotos poñovos un video do ibis sagrado Threskiornis aethiopicus que se deixou ver un par de veráns pola marisma, probablemente da poboación da costa atlántica francesa que xa conta con varios centos de parellas.

No hay comentarios.: