viernes, noviembre 24, 2006

Gaivota cana en Canido



Que maneira de chover.....así non hai quen mire nada. Esta mañá de camiño a Vigo parei un segundo na praia de Canido (Vigo) sen baixar do coche, pois non paraba de chover, baixei a fiestra do coche e co teles apoiado puiden quitar un par de fotiños a esta gaivota cana Larus canus de primeiro inverno. Buscaba alimento na beira da praia xunto un pequeno grupo de gaivotas choronas Larus ridibundus. Póñovos unha foto para que poidades comparar a gaivota cana (dereita) e a gaivota chorona (esquerda), neste caso tratase dun adulto en plumaxe de inverno, na primavera lucen un fermoso capuchón negro na cabeza.

No hay comentarios.: