sábado, diciembre 02, 2006

Molestias nas praias

A visita da fin de semana Comezou hoxe polas praias de Patos e Arealoura , estaban cheas, cheíñas, de cans, paseantes, pescadores, e demais fauna exótica. A verdade e que os cans son un verdadeiro desastre para a fauna das praias, levantan as gaivotas e todos os paxaros que descansan nelas, en fin, pasear cos cans pola praia e algo que non debería estar permitido, as praias son un hábitat moi importante para a fauna, na preamar, non hai moitos sitios para descansar tranquilo, vou-bos mostrar os sitios mais habituais de descanso e os problemas que teñen.

A Pedra da Garza, en Lourido, Nigrán e un dos pousadeiros clásicos no Val Miñor, a maioría das limícolas da marisma e praias do val descansan aquí na preamar, aquí podemos ver un grupo de corvos mariños grandes Phalacrocorax carbo e algún corvo mariño cristado Phalacrocorax aristotelis dúas especies que nunca faltan no pousadeiro
Outros dos habituais son os ostraceiros Haematopus ostralegus, no inverno o grupo soe superar os 75 exemplares

Dende o paseo de Santa Marta temos unha boa visión da praia e o porto de Baiona.
Se entramos na praia descubrimos que eses puntiños que se ven non son pedriñas senon paxaros
Se nos achegamos un pouco mais descubrimos un grupiño de uns 50 pequenos limícolas descansando mentres a marea cubre a súa zona de alimentación, a parte da praia que queda o descuberto o baixa-lo mar. no grupo hai pilros comúns Calidris alpina, pillaras reais Charadrius hiaticula e algún Pilro tridactilo Calidris alba, dos que estes días hai un grupo de 30 exemplares nesta praia.Todo este descanso, imprescindible para a saúde destas pequenas aves podedes imaxinar en que se transforma o pasar un can ou mesmo nos o seu carón....todos a voar un par de minutiños até que pase o demo e voltar o mesmo lugar ou cambiar de praia se o perigo non se alonxa.

No hay comentarios.: