domingo, diciembre 03, 2006

Outra Delaware na Marisma

Onte sabado a mediodía, os colegas Gandara e Manolo, descubriron unha gaivota de Delaware Larus delawarensis de primeiro inverno na marisma da Ramallosa. Concretamente na saída do regato Grova a altura da ponte do camping da Ladeira (con diferencia a maior aberración urbanistica do Val, e hai unhas poucas, un día falaremos disto) o caso e que a gaivota atopábase xunto unha gaivota chorona Larus ridibundus da que se diferencia ben, mais complicado e diferenciala da gaivota cana Larus canus de primeiro inverno, tedes unha foto para comparar estas especies na entrada (post) do venres 24 de novembro (un pouco mais abaixo). noraboa dende aquí a Gandara e Manolo pola observación desta especie americana que espero manteña a visita polo Val algúns días.

aquí podedes ver a gaivota de Delaware e unha gaivota chorona (en primeiro plano)