sábado, noviembre 11, 2006

Píldora dourada siberiana no encoro de Cecebre



Non podíamos faltar a tan extrema rareza tan "preto" da casa, o venres fomos o encoro de Cecebre, A Coruña para ver a píldora dourada siberiana Pluvialis fulva que atopara o día anterior Amadeo Pombo (parabéns dende aquí por tan interesante cita), alí estaba a verdade e que non parecía sobrado de saúde, aínda así tentou alimentarse en varias ocasións e o parecer aínda hoxe sábado seguía por alí. Podedes ver un pequeno vídeo no lugar habitual e dicir a esquerda e xunto os outros vídeos. É a segunda observación desta especie para Galiza. O encoro estaba cheo de paxarada, ducias de garzas reais Ardea cinerea, e centos de patos de diferentes especies, culleretes, frisos, cercetas e o mais incrible 3 cercetas pardas Marmaronetta angustirostris, que pode ser a primeira observación xenuina da especie na Galiza, entre as limícolas dous biluricos escuros Tringa erythropus, ademais a última hora chegou unha cegoña branca Ciconia ciconia a descansar nun tocón no medio do encoro.

Duas imaxes mais da píldora dourada siberiana Pluvialis fulva

No hay comentarios.: