domingo, noviembre 12, 2006

Gansos na marisma




Este domingo saín a primeira hora a marisma para ver un ganso de testa branca Anser albifrons (ver foto da esquerda)de primeiro inverno que aparecera o sábado na marisma da Ramallosa descuberto por Cristobal. Sería a primeira cita para o Val Miñor e unha das poucas para Galiza, nada mais chegar o regato do río Groba, alí estaba, precioso coa plumaxe impecable, non había dubida sobre a identificación a pesar da dificultade, (Cristobal anótate un punto) pero o malo e que a decepción foi maiúscula, non estaba moi lonxe e o fixarme nos compañeiros de viaxe a cousa pintaba mal estaba xunto ganso do canada Branta canadensis fuxida de cativerio que leva xa un par de anos no Val, e para rematala formaba grupo tamén cos catro patos críollos Cairina moschata var. domestica que tamén andan no regato. Por se quedaba algunha dubida de que o ganso e fuxido de cativerio o grupiño, incluído o ganso de testa branca acercáronse o paseo cheo de xente a menos de 5 metros de nos, QUE DESILUSIÓN. Algún día os criadores de aves decataranse do problema que acarrea o escape de aves e como mínimo terán tódolos seus paxaros anelados para poder descartar que se trate de aves salvaxes, nin que dicir que este ganso non ten ningunha anela e non lle falta ningunha das plumas de voo. Se continua na zona e muda a adulto polo menos terá unha foto chula xa que e unha especie ben fermosa. Como non todo van ser escapadas o carón do ganso unha gaivota escura Larus fuscus de primeiro inverno anelada na Alemaña, xa vos contarei de onde ven exactamente, polo Nadal farei un resumo das anelas vistas nas distintas especies de gaivotas no val Miñor neste outono.

outra foto do ganso de testa branca na marima da ramallosa

esta era a mala compaña que levaba o ganso de testa branca, o xa "oriundo" ganso do Canada

No hay comentarios.: