martes, noviembre 07, 2006

Chegan os Tordos


Hoxe no campo de futbol de camposancos, na Guarda un bando de 40 tordos de tres especies diferentes, os residentes tordo común Turdus philomenos e unha ducia de tordos rubios Turdus iliacus e 14 tordos reais Turdus pilaris (na foto) que é o mais raro na Galiza. Ademais unha águia peixeira Pandion haliaetus adulta, polo tanto diferente a da foto do outro día, e seguro que a mesma adulta que xa viramos tamen ese día e que coma esta, tiña unha primaria interna rota, tentou en varias ocasións pescar o almorzo pero non tivo sorte. Xa na praia de Arealoura (Nigrán) continuaba a Dendrocygna bicolor que a verdade e que a pesares de ser fuxida de cativerio ten un porte moi digno e claramente diferente dos patos criollos que por ali andan tamén, ademais seguen os tres machos de pentumeiro común Melanitta nigra fronte a praia. Na praia de Santa Marta, un bó grupo de gaivotas escuras Larus fuscus e a colega 3EL9 que xa e da familia.

Dendrocygna bicolor que xa leva 3 meses no regado de Muiños, praia de Arealora

No hay comentarios.: