domingo, noviembre 05, 2006

Comparte as tuas observacións

A partir de agora, deixarei a posibilidade de facer comentarios as novas entradas que suba o blog, a idea é que me escribades nos comentarios as vosas observacións de aves no Val Miñor para publicar no blog e entre todos facelo mais útil e completo, son bastantes os ornitólogos que se achegan por aquí a ollar paxaros e aínda algúns que viven no Val. o dito espero as vosas contribucións en forma de pigargos pescando na foz por exemplo, non estaría mal....unha das gaivotas escuras Larus fuscus aneladas, repousando en Arealoura

3 comentarios:

Fontaíña dijo...

Ola Cesar. Son Edu, de Fontaíña. Acabo de descubrir que tes blog e xa me fago abonado para estar ao día das novas ornitolóxicas do Val Miñor.

Unha aperta

http://fontainha.blogsource.com
fontainhavigo@yahoo.es

Alberto Pastoriza Barreiro dijo...

Ola Cesar. Son Alberto Pastoriza Barreiro do grupo de anelamento Anduriña. Estou sorprendido, o venres (3/11) á tarde estiven na praia da Xunqueira en Moaña e observei 41 Gaivotas cabecinegras (28 Ad., 7 2ºinv. e 6 1ºinv.) tres delas aneladas, e o máis sorprendente, levo dende setembro observando Gaivotas cabecinegras na beira norte da Ría de Vigo, e das aves aneladas que observaches na praia de Arealoura eu non teño avistamentos, e levo observadas 10 Gaivotas cabecinegras con aneis diferentes.

un saudo.

albertopastoriza@hotmail.com

Alcaraván dijo...

hola Edu, canto tempo... un saudo, xa estamos en contacto.

Hola Alberto, a verdade e que con mais de 1000 cabecinegras aneladas en Europa o raro sería que mirases as mesmas en Moaña que eu en Baiona, ainda que algunha seguro que temos "repe".

un saudo