viernes, noviembre 17, 2006

Gaivotas patiamarelas aneladas



pouco se puido facer hoxe con tanta choiva, aínda así nun pequeno descanso entre chuvasco e chuvasco puiden ler unha anela verde de gaivota patiamarela Larus michahellis. Esta especie e a que cría en maior número en toda a costa de Galiza, dende hai bastantes anos estase a facer unha campaña de anelamento nas colonias de adultos e xuvenís, polo tanto e a especie de gaivota que con mais posibilidades podemos atopar aneladas, como e unha especie que deixa que nos acheguemos bastante a ela sen voar non e difícil poder ler unha destas anelas que serán sempre de cor verde con 4 díxitos brancos e a primeira letra é sempre unha "Z".se conseguides ver unha e ler a nela podedes enviar os datos o meu blog, eu reenviarei o dato e cando teña o historial da gaivota reenviareino para o voso correo. Saberedes cando e onde se anelou, a idade que tiña e en que outros lugares se viu. Animo e a por elas.

Detalle dunha anela deste programa de control de gaivotas patiamarelas galegas