lunes, noviembre 20, 2006

mix de gaivotas

A última hora e baixo a choiva que non parou en toda a tarde, votei unha visual no regato de Arealoura, Nigrán para controlar o grupo de gaivotas que habitualmente repousan aquí na preamar, primeiro apareceu unha gaivota patiamarela Larus michahellis anelada, este e un bo sitio para atopar algunha destas gaivotas e poder ler unha anela como vos comentaba fai uns días. Non tardou en saltar a grata sorpresa, un adulto de gaivota de Delaware Larus delawarensis, (foto da esquerda) unha especie Americana, que se atopaba na mal chamada Praia America, era o sitio para ela. Creo que e a primeira deste inverno en Galicia e unha das escasas citas para o Val Miñor, se non lembro mal a cuarta. como podedes ver nas fotos e lixeiramente mais pequena que unha patiamarela, co dorso mais claro e o pico mais delicado de cor amarela cunha risca negra case na punta. Estas gaivotas son orixinarias da costa este dos Estados Unidos e todos os anos chegan uns poucos exemplares as costas do norte e oeste da Península Ibérica, unha gran travesía que riete ti de Cristobal Colón. Para completar a xornada case sen luz xa, observo unha gaivota estraña no grupiño de gaivotas choronas Larus ridibundus que están a alimentarse na desambocadura do regato Muiños, cando miro co telescopio descubro que se trata dun adulto de gaivota tridáctila Rissa tridactyla que se esta a alimentar xunto as choronas, e unha das escasas citas desta especie pousada en terra no Val Miñor, aínda que no e rara ollala durante o inverno a poucas millas da costa as veces en bos números.
Para rematar dicir que o medio día descubría tamén un ganso de cara negra Branta bernicla da subespecie nominal bernicla na enseada de San Simón, Arcade (PO) no medio dos habituais +/-500 patos asubiadores Anas penelope e mais de 1000 patos reais Anas platyrhynchos, podería indicar unha pequena entrada da especie na costa galega xa que este fin de semana xa se viu un grupo de 15 exemplares na costa norte da Galiza.

Unha fotiño infame do ganso de cara negra baixo a choiva e a mais dun kilometro de distancia

Adulto de gaivota tridáctila no regato de Muiños, Arealoura

No hay comentarios.: