miércoles, octubre 04, 2006

Nestes últimos anos veño ollando de cando en vez algunha rola rara no medio das rolas turcas Streptopelia decaoto, son aves coas características típicas da variedade domestica risoria da especie orixinaria de África Streptopelia roseigrisea da que saíron as nosas rulas domesticas. Esta variedade domestica e seguro que as veces fuxe das gaiolas e mesmo son liberadas a posta co gaio de telas en liberdade polo xardín. Algunha destas aves deixase ver mixturada coas rulas turcas e no Baixo Miño e Val Miñor son cada vez mais abondosas. Non sei se chegaran a hibridar, se ben sempre que nun bando hai varias “risoria” estas sempre están xuntas. Dende logo e un tema a seguir con atención. A foto deste domingo no Rosal e moi mala pero da unha idea xeral das diferencias, “risoria” case sempre e algo mais pequena e a cola e mais curta, respecto o plumaxe estas son mais claras ( cor area) en xeral e coas primarias tamén claras o contrario que en decaoto. O semianel do pescozo e tamén mais pequeno e non ten o borde branco típico de decaoto. Aínda así non se pode asegurar o 100% as observación se non se escoita o seu canto que como di a canción e cu-cu-rrucucuu moi diferente o cuu-cuuuu-cuuu de S. Decaoto.
Deixaremos de falar algún día de exóticas, domesticas e porquerias destas??


rula turca na marisma da Ramallosa


rula domestica, moi palida e coas primarias da mesma cor no esteiro do Miño