sábado, octubre 07, 2006

Despois da grata sorpresa de ver dous biluricos escuros Tringa erythropus no estiro do Miño o día 3 deste mes, que xa facía mais de 3 anos que non vía ningún en Galiza, onte chamoume Jorge Mouriño para dicirme que no regato de Arealoura tiñamos un xuvenil de garza da noite Nycticorax nycticorax que e a primeira cita para o Val Miñor ( teño que por un link ca lista de especies olladas no val, ..un día destes). Hoxe pola tarde entre chuvascos puiden disfrutar uns minutiños do bicho, non me explico como pode aguantar nun sitio tan pequeno, se alguén o quere ver que se apure por que non tardará en fuxir (penso eu). déixovos un par de fotiños do bicho de hoxe.

xuvenil de garza da noite a procura de alimento na beira do lago

agachado entre os xuncos o paso duns cans pola praia