martes, octubre 03, 2006

Xa estamos aquí de volta. O mais destacable nestes días sen dubida foi a descuberta dun Pilro Canelo Tryngites subruficollis na Praia da Madorra (Nigrán) no día 23 de setembro por Francisco Docampo. Foi unha pena que non fora mais fluída a comunicación para que mais persoas puideran disfrutar do bicho, pois dous días despois cando saíu publicada a nova xa non se atopaba na zona. O certo e que o paso de limícolas esta sendo moi frouxo este ano, o domingo na marisma da Ramallosa so destacaban 9 pilros gordos Calidris canutus e na praia da Ladeira un carrán pequeno Sterna albifrons xunto cun grupiño de 26 virapedras Arenarias interpres

carrán pequeno pousado na praia Ladeira

virapedras na procura de comida entre o argazo