domingo, octubre 29, 2006

aguia calzada Hieraaetus pennatus (Vigo)

Continua pola zona de Lavadores (Vigo) esta preciosa aguia calzada Hieraaetus pennatus que xa se vira fai unha semana na mesma zona. O autor da foto e da observación e o mesmo que entón, Porfirio Solla, que acábame de enviar a foto para publicala no blog, e eu encantado, claro. E posible que sexa a mesma "bicha" que xa se observou na zona fai un mes mais ou menos, o curioso e que fai uns anos eu xa vira unha en febreiro case que no mesmo lugar, xa sería moita casualidade que fose o mesmo non??.

A foto esta feita hoxe 29 a mediodía.