sábado, octubre 28, 2006

Continúa a limpeza da marisma


As maquinas metidas na marisma dan un pouco de medo, aínda así en poucos días a cousa mellora a pasos de xigante. fixen un pequeno censo de aves e a cousa parece normalizada, por outra parte a maioría da marisma ofrece un solo cuberto de Zostera e so na saída do regado Belesar a cousa continua bastante mal con lama e cinzas nunha capa de non menos de 10 cm.
O censo deu como resultado estes números: Egretta garzetta 11, Ardea cinerea 3, Haematopus ostralegus 24, Numenius phaeopus 16, Numenius arquata 2, Calidris alba 23, Phalacrocorax carbo 14, Anas platyrhynchos 41, Charadrius hiaticula 12, Tringa nebularia 9, Anas penelope 1 e 3 Sterna sanvicensis. Destaca un pato real marcado con placa nasal GQC1 e unha gaivota cabecinegra de 2º inverno con anela branca JC52. nos campos da praia Ladeira voan as últimas Polyommatus icarus cos seus tons azuis.