domingo, octubre 29, 2006

Aguia pescadora e pombo pequeno no Miño

aguia pescadora xuvenil Cando todo estaba listo para unha saída en barco as Cíes; problemas de última hora abortou a "operación leach", non quedou mais remedio que pasar o plan "B". Pero como case sempre o plan b non e o mellor plan, o caso e que nos acercamos o grupo Xeitosinhos o completo (Rafa, Tito + eu)o esteiro do Miño, A Guarda. A verdade e que foi unha mañá moi entretida, en Salcidos dúas aguias pescadoras Pandion haliaetus e catro tartarañas das xunqueiras Circus aeroginosus case simultaneamente, todo un espectáculo. Tedes un pequeno e maliño vídeo na parte esquerda da pantalla, xusto debaixo dos contadores. O mellor da mañá foi un pombo pequeno Columba oenas xunto tres pombos torcazes Columba palumbus, e probable que se trate dun ave da Europa que e que chegase xunto os pombos torcazes, sen dubida unha das poucas citas para a provincia de Pontevedra.

pombo pequeno Columba oenas no esteiro do Miño