miércoles, septiembre 06, 2006

Néboa persistente

vista da parte traseira da casa
Hoxe a néboa non conseguiu levantar en todo o día, non se miraba a mais de 50 metros, por riba marea alta pola tarde. O chegar a casa so deu para un paseo polo camiño e arredores da casa, non só de rarezas vive o blogger...disfrutamos tamén cos paxaros mais comúns, así sen alonxarme mais de 200 metros da casa puiden ollar Azulentas Prunella modularis, Paporrubio Erithacus rubecula, Rabirrubio Phoenicurus ochuros, Tordo Común Turdus philomenos, Carriza dos Xuncos Cisticola juncidis, Picafollas Musical Phylloscopus trochilus, Papamoscas Cincento Muscicapa striata, Papamoscas Negro Ficedula hypoleuca, Falcón Pequeno Falco subbuteo, Gaios Garrulus glandarius, Ferreiriño Negro Parus ater, Ferreiriño Azul Parus caeruleus, Corvo Pequeno Corvus corone, Estorniño Negro Sturnus unicolor, Pardais Passer domesticus, Bicos de Coral Estrilda astrild, Xiríns Serinus serinus, Verderolos Carduelis Chloris, Cardeais Pyrrhula pyrrhula e Papuxa das Amoras Sylvia atricapilla. Nada extraordinario pero da gusto ver tanta variedade sen moverse da casa.
Por certo, este ano estou a ver moi poucos Papamoscas Negros, e o Cincento de hoxe e o primeiro do ano, non sei se no resto de Galicia esta a pasar o mesmo??
Chasca
Papamoscas Cincento
Picafollas Musical
Chasca femia