martes, septiembre 05, 2006

paseo matinal

esta mañá pasei a primeira hora pola marisma da Ramallosa, como era de esperar mais do mesmo de onte, pero xa non vin o Pilro Gordo e mais o Pequeno, a parada foi curta para eles.
Pillara Real
Macho en eclipse de Lavanco
Pilro Común
Na praia de Arealoura, no pequeno esteiro que forma a saída do regato Muíños e no borde na vexetación deixáronse ver un par de Papoazuis Luscinia svecica esta especie e do mais desconfiada e as fotos aínda que de moi mala calidade son o froito dunha hora de espera tostando a cachola baixo o sol
Papoazuis