domingo, septiembre 10, 2006

Maldita néboa


Hoxe tentamos facer unha saída en barco para ver aves mariñas, sen acordarnos o traizoeira que e a néboa. O saír por fora das Illas Cíes, envolveunos de tal maneira que non se vía a mais de 10 metros, gracias o gps puidemos dar a volta para as illas e agardar que despexase o mediodía, pero non foi así, tan espesa era que tivemos que dar a volta tras o Barco de pasaxeiros que fai a ruta entre Cíes e Vigo. MALDITA NÉBOA¡¡¡
Xa pola tarde, na casa, o grupiño de Bicos de Coral que se alimentan na parte de atrás do xardín todos os días contaba hoxe con 56 exemplares, curiosamente case todos adultos. Esta "praga" orixinaria de África encontrase moi estendida no Val Miñor, e con certeza acabará por traer problemas a algunha especie autóctona.