lunes, septiembre 11, 2006

Domingo frouxo, so para algúns



Un percorrido polas praias do val: Patos, Madorra, Arealoura, Ladeira e mesmo a marisma da Ramallosa non conseguiron xuntar mais que 17 Pilros Comúns Calidris alpina e 4 Pillaras Reais Charadrius hiaticula. A mesma hora o amigo Samu (Samuel Paz)descubría (Noraboa) un Pilro Canelo Tryngites subruficollis unha rara limícola americana, a primeira do paso postnupcial, pouco despois Amadeo Pombo descubría un Pilro Peitoral Calidris melanotos tamén americano na ría do Burgo. A cousa parece que se anima, esperamos que vaian baixando un pouco....
Podedes ver dúas preciosas fotos do Pilro Canelo que fixo Samu e permitiume poñer no blog

xuveníl de Pilro Canelo


No xardín, pola tarde notábase un paso notorio de Papamoscas Negro e Cincento, Ficedula hypoleuca e Muscicapa striata, ademais de Papuxas Comúns Sylvia communis e Picofollas Musicais Phylloscopus trochilus.

Bico de Coral adulto

Carriza dos Xuncos, moi abundante na zona

Papamoscas Negro