martes, septiembre 12, 2006


Na compaña do bo amigo Adolfo Lomeña, peneiramos as praias dende Ladeira (Baiona) ate Samil (Vigo), na procura de limícolas ou algunha especie interesante neste paso migratorio que a día de hoxe esta mais frouxo do esperado. Para confirmar isto, na praia Ladeira non había nada, na Marisma da Ramallosa números moi frouxos de todo: Pilro Común 36, Pilro Gordo 1, Píllara Real 11, Garza Real 9, Garzota 5, Lavanco 6, Mazarico Chiador 11, Mazarico Real 5, Bilurico Claro 6, Gaivota Cabecinegra 3 e un Gaivotón. En Arealoura un Papoazul e 11 Pilros Comúns. Na Madorra 3 Píllaras Reais e 2 Píllaras das Dunas xunto 16 Gaivotas Cabecinegras. En Patos 6 Pilros Tridáctilos xuvenís. En Samil 4 Pilros Comúns e 29 Carráns Cristados. Por último achegámonos a xunqueira do Lagares, ollamos a pracer un Papoazul e o mellor do día; 1 Folosa Acuática a foto non e boa como podedes ver, pero como documento pode valer, no pequeno recadro pódese intuír (mais que ver) a lista branca no medio do píleo característica da especie. Esta especie xa conta con un bo número de observacións nos últimos anos nesta zona, xuntando varias ducias de aves olladas entre a xunqueira do Lagares, Regato Muiños, na praia Arealoura e o esteiro do Miño, que concentra a maioría das observacións, desta especie en situación crítica en Europa