
hoxe a tarde, de volta a casa dende León parei un ratiño en Villafafila debaixo dunha cortina de agua que facía tempo non miraba,
Perdicesdespois dun ratiño escampou durante unha hora pouco mais, a lagoa estaba completamente seca, ainda así durante este tempo puiden ollar nos campos de arredor abundantes Lagarteiros das Torres Falco naumanni,
bos grupos de Perdices Alectoris rufa e varios xuvenis de Picanzos Cabecirrubios Lanius senator ademais de abundantisimos Pedreiros Cincentos Oenanthe oenanthe. O mais curioso da xornada foi ver como tras o coche cando ia amodo polos camiños de terra, unha nube de Andoriñas Hirundo rustica acompañábame aprobeitando as numerosas polillas que saían do camiño o paso do coche, puiden quitar algunhas fotos coa camara a escasos 2 metros como podedes ver.<--- Lagarteiro das Torres

......................................................................Anduriña
Xa de volta apareceron unhas 6 ou 7 Avetardas Otis tarda baixo a chuvia, todos machos, non se cansa un de ver estes animais

Avetarda.................................................Picanzo Cabecirrubio (xoven)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario