miércoles, agosto 16, 2006

Primeira borrasca de agosto

hoxe o día amañeceu chovendo, e chovendo continuou todo o día. A verdade é que xa se votaba en falta o mal tempo ( de xeito moderado, claro)

Lavandeira Marela Motacilla flava iberiae

A última hora da tarde nun pequeno claro aproveitei para sair ate a marisma da Ramallosa e o aumento de limícolas era considerable; uns 17 Biluricos Patirrubios Tringa totanus e non menos de 25-30 Pilros Comúns Calidris alpina entre os que había adultos e xuvenís.

Bilurico Patirrubio

Non deixa de ser curioso o paso de Biluricos Patirrubios (nos últimos anos) no mes de agosto na marisma da Ramallosa e mais no Esteiro do Miño, este mes podense ver en números aceptables nos dous locais 15-25 aves, o curioso e que en setembro o número baixa a un par deles 4 como moito (cando soe ser a época de maior tránsito para a maioría das limíolas) e a invernada non existe en ningunha das dúas areas cando aparentan boas para a especie.
Xa de volta na casa a parella de Alcotáns Falco subbuteo que por noveno ano esta a criar nos eucaliptos o carón do camiño ( só faltaron o ano pasado, polo que poida que a parella xa non sexa a mesma, alomenos algún deles)


Pilro Común

1 comentario:

Anónimo dijo...

comento comento....
moi bonito o bloj, si señor,noraboa polo avance, pero isto non quita de facer o "Atlas da aves nidificantes do Val Miñor" como prometeches...
saúde