Palleira Grande (dereita) Pardela CincentaA primeira saida deste mes de agosto non defraudou ( a anterior foi o 30 de Julho podedes mirala mais abaixo) saimos cos amigos Paco Chiclana, recén chegado de Sevilla, ademais de Samu, Toupa e os Xeitosinhos do Miñor o completo (os irmáns Salvadores mais eu) achegamonos até as 13 millas o oeste das illas Cies (Vigo). Durante a viaxe a cousa estivo mais frouxa do habitual, pero cando chegamos as 13 millas paramo-lo barco e botamos o "chum" (gusanitos, aceite vexetal e pan) resistíronse bastante as primeiras Gaivotas

Patiamarelas e Sombrias
Larus michahellis e
Larus fuscus, o cabo de 15 minutos, o primeiro Paiño de Wilson
Oceanites oceanicus, (alomenos ollamos dous diferentes) fixo varios pases de modelo a escasos 10 metros do barco facendo o típico paseiño por riba da agua deleitándonos varias veces. O pouco apareceron as primeiras Gaivotas de Sabine
Larus sabini, seis aves adultas em plumaxe nupcial, mais de un non o creía.
-
Paiño de Wilson Todo isto amenizado coas habituais Pardelas Cincentas
Calonectris diomedea, Carráns

Comúns
Sterna hirundo, Palleiras Grandes
Catharacta skua, Mascatos
Sula bassana e algúnha que outra
Palleira Parasita. Xa cando nos voltabamos para Vigo un Carrán Pequeno
Sterna albifrons viu despedirnos, pero ainda quedaba o encontro cun grupiño duns 20 Golfiños Comúns
Delphinus delphis con crias pequenas como podedes ver na foto. Vamos un bó día de pelaxicas e un paseiño agradable cunha mar en inmellorables condicións.
Gaivota de Sabine

Golfiño Común coa sua cría
No hay comentarios.:
Publicar un comentario