lunes, agosto 21, 2006

Os novos veciños independizanse


A última hora pasei pola marisma coa marea baixa e o número de Pilros Comúns Calidris alpina vai en aumento, mais de 30, ademais continua un bo numero (12) de Biluricos Patirrubios Tringa totanus pero de momento ainda nada destacable, o mais interesante un Pilro Ferruxento Calidris ferruginea.


.
marisma da Ramallosa

ainda me deu tempo de achegarme a zona onde estan a criar os Falcóns Pequenos Falco subbuteo, xa que o chegar a casa escoitábase o típico reclamo da especie.
Pensei que xa estarían os polos a punto de sair do niño e a sorpresa foi que un deles xa estaba a dar os primeiros voós pola zona, puiden sacar un par de fotiños do xuvenil sen achegarme moito pra non incordialos mentres un dos pais observaba as primeiras escapadas do cativo.
.
Falcón Pequeno xuvenil
.
.
Falcón Pequeno adulto

No hay comentarios.: