domingo, julio 05, 2009

Cria de pillara papuda no Val

Macho (arriba) e femia de pillaras papudas en Arealoura e Ladeira de este inverno


Por fin confirmouse a cría de pillara papuda Charadrius alexandrinus no Val, a pasada semana Fernando Lahuerta (felicidades dende aquí) viu un adulto con dous pitiños pequenos nunha das escasas dunas que quedan no Val Miñor, xa facia moitos anos que andaba detras de poder confirmar esta cría e por fin chegou, esperemos que sexa para quedarse moitos anos.

Por outra parte constatar o incremento de escribentas reais Emberiza cirlus que hai poucos anos era case imposible ollar no Val Miñor, este ano atopei a especie na peninsula do Boi e Baredo en Baiona, e Mañufe en Gondomar.

Emberiza cirlus en Gondomar

1 comentario:

Anónimo dijo...

All pizza places of USA http://pizza-us.com/tennessee/Memphis/Little%20Caesars%20Pizza/38141/

Find your best pizza.