miércoles, junio 17, 2009

Especie nova para o Val Miñor


Seguindo coa pequena invasión dos trigueiróns Miliaria calandrana na Galiza e despois de buscalos en diferentes locais adecuados do Val coma Prado, Varedo ou Couso, conseguín atopar dous machos cantores o carón da casa, en Mañufe, Gondomar. É a primeira cita desta especie no Val Miñor e con moitas probabilidades de que esté a criar, seguirei atentamente a evolución destes dous machos cantores

3 comentarios:

pepe dijo...

Xa se podían deixar ver un pouco máis no norte.

Noraboa

Anónimo dijo...

Ola César:

Curiosamente este ano atopeinos criando en Mondoñedo, a primeira vez que os vexo no concello. Saúdos.

Sala

victor dijo...

Agardo impaciente ver as fotos dos trigueironciños de Mañufe. Onde teño a miña estación PASER en Sacos-Cotobade voltaron este ano, despois de críar no 2005 e desaparecer no 2006. Xa anelei este ano un macho con protuberancia cloacal desenrolada, pero despois dos primeiros días deixandose ver e cantando sen parar convertiuse nunha especie furtiva, e algún día directamente non a vexo. Tamén agardo impaciente saber que tal lle foi a cría (de cantas femias??)
Saúdos César!
Vítor Cabaleiro