lunes, septiembre 22, 2008

Novas de setembro

Este mes de setembro comezou moi forte cun pilro peitoral Calidris melanotos na marisma da Ramallosa e unha folosa acuatica Acrocephalus paludicola descubertas polo colega asturiano Quique Carballal, é a primeira cita desta limicola para o Val Miñor, polo que contamos cunha especie mais e xa van unhas poucas, mais de 240. O día 2 o amigo Albert Burgas de Cataluña el, ollou unha Garzota grande Egretta alba tamén na marisma, unha das poucas observacións desta especie no Val.
A pasada semana apareceron dous cullereiros Platalea leucorodia, unha delas un adulto anelado, do que Miguel Lorenzo amablemente me pasou o seu historial, e un cullereiro que xa ten 11 anos e acostuma pasa-lo inverno no esteiro do Tejo en Lisboa.


Hoxe seguía a gaivota de delaware en Arealoura e na marisma outros tres cullereiros xuvenis a última hora, a ver se o outono ven algo mais animado.....

No hay comentarios.: